
Xente Toxica nace alá polo 2017, catro amigos do Val Miñor con diferentes influencias musicais, xúntanxe para montar unha banda de rock. Tras varios paróns e trocos de formación,en 2019 sería a súa estrea en Baiona coma teloneiros de «Heredeiros da crus». Durante a pandemia de 2020 aproveitan para pecharse nos Estudias Planta sónica de Vigo para gravar o que serán os dous adiantos do seu primeiro disco.
As letras de alto contido social,a reivindicación da tradición e lingua galega e uns retrouxos que se che pegan en un par de escoitas, quizais sexan os sinais de identidade desta banda.
QUEN CARALLO SON GALLEGO COMÚN?
Gallego Común chega das profundidades da comarca do Morrazo para levantar acta desta época confusa a golpe de rock post bravú rudimentario. Son catro tipos que fan o que poden, non o que lles gusta: música precaria contra a imaxe distorsionada dos tópicos, para rirse dos chistes de gallegos que non fan nin puta gracia. Amantes das folgas, renegan das verbenas coloniais e da empanada de cebola. Se tivesen o que hai que ter emigrarían; porque se está ben aquí, pero hai que ir marchando. E dubidan da capacidade transformadora da música, por iso non chaman á rebelión nin ao baile. Como bos galegos, sempre están dispostos a vender a súa forza de traballo. Se os escoitas talvez queiras contratalos.
Noxxo naceu dunha borracheira. Alá polo 2016 na Cidade da Coruña, Xose e Xulio, e decir “O desbrozador” e “O Coxo”,flirtearon con isto das guitarras no seculo pasado formando un grupo de matadas punkorros que nunca chegou a nada. Pronto buscaron un local e comezaron a facer cantisg. Apareceu Carlos “O Carteiro Cabron” un desequilibrado cantante. Mais tarde, Pedro “O Caseiro” unese coas catro cordas e Alberto “O Mazabombos” ás baquetas. Grabaran seu primer traballo xusto antes do amago do fin do mundo no 2020. Noxxo e unha banda conceptual pero si que se enfoca na parte oscura da historia galega. Crimes, lendas e trasnos… Uns din que facemos Punk Rock, outros THrash Punk,…. pero nós sabemos o que facemos, facemos Rock Podre.
