Bourbons Kings – Sábado 4 ás 21:30

Link entradas: https://www.enterticket.es/eventos/bourbon-kings-en-pontevedra-605753

Bourbon Kings é unha banda de Rap Metal – Nu Metal afincados en Villava-Atarrabia (Navarra) formada en 2014. Os seus compoñentes proveñen da escena Hip Hop e Metalcore local, provocando unha sinerxia con reminiscencias do
son Nu Metalero dos noventa con claras influencias contemporáneas.


Con este terceiro disco XXX, A banda segue fiel ao seu espírito, traendo ao século XXI un son actualizado do máis puro nu-metal noventero. Este é un espectáculo sonoro en doce cortes que tenden uns fíos envolvendo ao
espectador, ao que provocan un sen remate de emocións: euforia, odio, tristeza,controversia… non defraudará a ninguén.