Os John Deeres

Solpores na Rebullón 2022

Os John Deeres levan 15 anos facendo hard rock en galego. O grupo estradense, composto na parte instrumental por Xermán Bernárdez, José Carbia, Marcos A. Muíños e Manuel Reices, acaba de completar a formación coa fichaxe de Vane García á voz.

Logo de publicar “8” (2013) e “20-20” (Free Code Jazz, 2017), Os John Deeres editan, en plena pandemia, “Cinzas”, un EP gravado no local de ensaio con distintas colaboracións e con portada do tamén estradense Alberto Cardona. “Cinzas” son catro temas reciclados a partir de ideas antigas que significan unha continuidade entre o pasado e o futuro da banda, un punto e seguido para continuar con novos proxectos.

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*