Festa Presentación do Festival Moska Rock con DEMENCIA SONORA + DESEQILIBRO MENTAL

Sábado 18 Marzo / SALA REBULLÓN / Ás 22H / Anticipada: 8€ Billeteira: 10€

Entradas a venda na Cantina As Pedriñas e na Cervexería Nós ( Rúa Venezuela )

O vindeiro sábado 18 de Marzo a Sala Rebullón acollerá a festa – presentación do Festival MoSka Rock que se celebrará o sábado 13 de Maio na mesma sala.

Demencia Sonora e Deseqilibrio Mental serán as bandas que nos acompañarán nesta festa onde presentaremos o cartaz, sortearemos entradas e montaremos un posto de merchan que axudará ao financiamento deste festival totalmente autoxestionado.

Despois de varios anos con algúns cambios na formación, Demencia Sonora segue mantendo a sua esencia punckrock .

Grupo do extrarradio vigués, con base en freixo, de onde naceu o grupo.

Actualmente tocan os seus temas mesturados con versións do punk estatal mais coñecido.

Directo enerxético e grande complicidade co público máis próximo.

Deseqilibro Mental actualmente veñen de estrear o seu novo traballo, o quinto da banda que leva por título «Irmáns» e que é unha homenaxe ao grupo mítico DRINKIN´TINTO, banda pioneira do Rock da Casalonga nos anos 90.

Veñen dende a Casalonga (Teo) e levan bourando coa súa persoal mistura de Rock, Metal e Rap en Galego dende 2002.