Domingo 10 de Outubro – «Casting»

Ás 20:00 h

Casting é un novo espectáculo do grupo amador lucense Hipócrita Teatro. Na traxectoria deste grupo, que naceu no 2004, son frecuentes as parodias e as comedias acedas e Casting abonda nesta liña.

A historia está protagonizada por personaxes que representan algúns dos estereotipos femininos creados pola industria cinematográfica de Holywood, prototipos de muller que se instalaron no inconsciente colectivo de varias xeracións.

A obra, dirixida por Elea López (membro da compañía profesional Ítaca Teatro) recréase na sobreactuación e na esaxeración dos trazos característicos para amosar o grotesco e esperpéntico destes modelos.

María García, Marta Arias, Natalia Fernández e Juan Rivas dan vida ós personaxes protagonistas, tres actrices e un produtor de cine.

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*