Elefantes Mutilados & Mano de Piedra

MANO DE PIEDRA fórmase a finais de 2016 con músicos de recoñecidas bandas galegas como Supa Scoopa, Sem Resposta, N.Ou. T. ou Carcomedhi uníndose nunha amálgama das máis diversas influencias: stoner, hardcore, metal, hardrock, crust …

Elefantes Mutilados nace no ano 2010 nun garaxe de Caldelas de Miño buscando crear cancións propias de base Thrash Metal con influencias de estilos distintos como o Death, o Progresivo ou o Funk. Músicos experimentados ( Ad Libitum, Arkham, Distilling Pain, Estado de Sitio, Warnjan, Collón de Lola, Bakintaun) e amantes por igual da mestura de estilos e da tralla, tras 8 anos de duro traballo e cambios de formación, gravan o seu primeiro EP de 4 temas e dan o seu primeiro concerto en outubro de 2018. Elefantes Mutilados están aquí para quedar e rebentar as vosas cabezas! NON FEAR, NON PAIN, NON GLORY!

Entradas xa a venda !!