Alegría – o documental que conmemora os 20 anos do Prestige

Ecoloxistas en Acción presenta o documental “Alegría” para conmemorar o vixésimo aniversario do desastre ecolóxico provocado polo afundimento do petroleiro Prestige.  

O documental, producido pola organización ecoloxista e dirixido por Luís Otero, sinala as causas que desencadearon a maior marea negra da costa galega e lembra que, ante a inacción do goberno, foi a marea branca de solidariedade a que se enfrontou ao “chapapote”.

  ?SALA REBULLÓN

? Venres 18

? 21:00 h

Entrada libre ata límite aforo

FEAR OF MISSING OUT

CONCERTO POLA SAÚDE MENTAL

O 20 de novembro ofrecemos un espectáculo que combina un concerto, unha exposición e unha charla sobre saúde mental.

Mostraremos obras de Carlos Asorey, un novo artista de Santiago cuxas ilustracións e esculturas deixarán ao público impresionado.

Teremos unha charla, coordinada por Mentiness, na que falaremos da realidade da saúde mental, antes e despois da COVID. E pecharemos coa interpretación do noso disco Disorders.

Todo isto, con entrada gratuíta e achega voluntaria a beneficio de FEAFES Galicia. Consegue a túa invitación en entradium.com Esperámosvos!