FERNANDO BARROSO & BANDA

Sábado 8 de Outubro ás 21H / PREZO: 10€ Anticipada, 12€ Billeteira

«Fernando Barroso é un músico e compositor ferrolán, que participou en numerosos proxectos dentro do panorama Folk / World-Music dende Galicia e Portugal. O seu repertorio orixinal está ligado á música popular galega e portuguesa, con influencias dispares, dende o jazz, a música clásica, brasileira ou persa. Artífice de bandas e colaborador con outros artistas, en 2016 comeza a súa andaina persoal coa publicación do seu primeiro disco ‘INTROPÍA’. Desde entón xa ten varios discos e EP’s e unha ampla carreira de concertos. Foi produtor e creador de música para outras bandas e artistas, ademais de divulgador da música popular levada aos instrumentos de corda, impartindo obradoiros e clases maxistrais en diferentes países. Neste caso, ‘XOGRAR’, o seu último disco, é un traballo que presenta en formato cuarteto, xunto aos músicos Alvaro Trillo (batería), Margarida Mariño (cello), e Xurxo Brea (baixo), nun concerto onde tamén realizará revisión do resto da discografía»

CIRCUÍTO GALEGO DE TEATRO AMADOR 2022

Domingo 9 Outubro / SALA REBULLÓN / Ás 20 H / Billeteira Inversa

Teatro F.E.G.A.T.E.A.  – “CONFINAD@S” – A Tequereté Teatro

Confinad@s nace, en clave de hilarante comedia, das experiencias sufridas durante o confinamento. Catro amigas xúntanse por vídeochamada e deciden fuxir das compulsivas rutinas provocadas pola situación de illamento, ao estilo de Boccacio, no seu Decamerón. Deste xeito evadiranse da súa particular “Florencia” contando catro surrealistas historias.