FROJÁN + LIBERAD AL KRAKEN

‘Froján’ nace como un proxecto de cantautor, no cal Miguel Froján Castro sería a voz principal e compositor das cancións. Co seu sengundo disco no forno índa que non vaia a estar dispoñible ata finais de 2022 ou durante os primeiros compases de 2023, ‘ Froján’ está a preparar, xunto a outro grupo (Liberade al Kraken), unha xira de concertos por salas de toda Galicia onde se poderán escoitar varios dos temas novos xunto coas cancións que compoñen o primeiro disco,»Huir».

Liberad al Kraken é un grupo creado en2018 por músicxs de Pontevedra. Dende o seu inicio, publicaron un álbum de estudio, un EP e numerosos singles; todos están dispoñibles en Spotify e demáis plataformas de streaming. Evolucionando cara ó seu estilo actual, a sua música é unha mistura de Punk e Metal, con toques de Folk e Electrónica. A temática céntrase en temas políticos e sociais e nas consecuencias persoais dos mesmos. Letras orientadas á protesta, con elementos de humor e retranca. Son de cú inquieto sobre o escenario, así que se queredes pasalo ben, saltar e pasar un rato caralludo, son o que buscades.

Entradas a venda an Cantina ás Pedriñas e na Plataforma WeGow

Link de Entradas:

https://www.wegow.com/es-es/conciertos/concerto-liberad-al-kraken-frojan-sala-rebullon