«Solpores na Rebullón 2022»

‘Froján’ nace como un proxecto de cantautor, no cal Miguel Froján Castro sería a voz principal e compositor das cancións. En canto estaba a rematar os últimos temas do que sería o seu primeiro disco, xorde a idea de xuntar un grupo de músicos para gravar todas as cancións con banda. A mediados de 2020 reúnense os músicos e, durante os primeiros ensaios, empézase a notar que as persoas implicadas fixeron boas faragullas, motivo polo cal a idea inicial dun proxecto de cantautor pasa a un segundo plano, dando paso ao nacemento do grupo ‘ Froján’ con 6 integrantes.
Con esta formación grávase o primeiro disco; «Huir», que sae á venda en xaneiro de 2021. Un disco cargado cunha historia persoal moi emotiva, fonte de inspiración de moitas das cancións que nel pódense escoitar.
Despois dun verán duro por culpa do covid-19, a escaseza de concertos e a marcha de dous integrantes, ‘ Froján’ volve á sala de ensaios para preparar un novo traballo de estudo cos seus catro integrantes iniciais e unha nova incorporación. Este segundo disco será un antes e un despois; a unión e o entendemento de todas as persoas que forma ‘ Froján’ debido a todo o tempo que levan traballando xuntas, buscando o seu son característico como grupo e uns temas cargados de moita forza, farán que a xente que os escoite goze do rock como outrora. Aínda que o novo disco non vaia a estar dispoñible ata finais de 2022 ou durante os primeiros compases de 2023, ‘ Froján’ está a preparar, xunto a outro grupo (Liberade al Kraken), unha xira de concertos por salas de toda Galicia onde se poderán escoitar varios dos temas novos xunto coas cancións que compoñen o primeiro disco,»Huir».