ACTUACIÓN TEATRAIS COMPAÑÍAS 8MM E ARKHAM 5 -6 MARZO

IMPROVISACIÓN TEATRAL 8MM (Galiza) | XOVES 5 | 22:00 | SALA REBULLÓN | ENTRADA 5€

Encontro internacional. As dúas compañias en conxunto levarán a cabo un irrepetible formato de xogos de Improvisación mesturando a musicalidade e a comedia gamberra de 8mm coa experimentación da impro-cuántica e as paradoxas do tempo e do espazo de Arkham Lab.

A compañía de Improvisación Teatral Bogotana Arkham Lab chega este mes a Europa. A Xira, que comeza en Portugal e continúa por España, fará unha parada en Galicia e propiciará un pequeno mais intenso encontro de Improvisación, que terá lugar na comarca de Vigo os vindeiros 4, 5, e 6 de Marzo.

8 mm teatro, a compañia de improvisación viguesa, será a anfitriona do evento; coa colaboración da Sala Rebullón en Mos, onde terán lugar as representacións dos espectáculos. Ademáis, organizarán, coa asociación de alumnos da ESAD de Galicia, un obradoiro de Improvisación que impartirá o director da compañía bogotana “Gigio” Giraldo.

TEATRO COMPAÑIA “ARKHAM” (Bogotá) presenta o seu espectáculo “ANANKÉ” ou a “ironía da morte”. | VENRES 6 | 22:00 | SALA REBULLÓN | ENTRADA 7€

Cómo queres morrer? Cómo non querrerías morrer? A partir de estas dúas preguntas formuladas ao público antes de comezar o espectáculo crearáse unha trama tensionante e sorprendente.

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*