CONCERTO SON DA RÚA // Sábado 22 de Agosto// 22:00H

SonDaRúa, unha das bandas con maior proxección do panorama galego dos últimos anos, volve á carga con Eterno Combate, o seu primeiro disco de longa duración tras o lanzamento do EP Liberando mentes (2018). Hai 3 anos SonDaRúa visitabanos no primeiro ciclo de concertos de verán que organizaba o CSCD AS PEDRIÑAS, daquela, estes rapaces estaban comezando e nós, coma sempre, apostábamos por grupos emerxentes.

O grupo, formado por Hugo Guezeta e Álex Arnoso ás voces e That Bass como DJ, plasma neste novo traballo o seu estilo, que sempre bebe da ironía, da musicalidade e a tradición oral popular galega, pero combinándoo co hip hop máis reivindicativo, de crítica social e política.

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*