CUÉLEBRE & MILETH

Sábado 27 de Novembro as 21:30H

M i l e t h é un grupo que practica metal pagán galaico, unha mestura entre metal extremo, folk e música tradicional galega. No 2019 presentan esta particular fusión no seu primeiro disco: Catro pregarias no albor da Lúa Morta, editado a través do selo ruso SoundAge Productions e do estatal Darkwoods.

Cuélebre son un dos referentes do pagan folk underground europeo, formados en 2011 e con 3 álbums de estudo desde 2015, a súa participación en diferentes festivais e salas ao longo e ancho de diferentes países convertéronlles nun nome propio dentro da escena. Rescatando letras e historias esquecidas da Iberia pre romana, dando voz e música a antigos ritos escritos en linguas tales como o celtíbero e o lusitano, ou ben escribindo as súas propias letras onde a conexión mais profunda coa natureza e as súas leis salvaxes cobran o maior dos protagonismos.

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*