DEMENCIA SONORA + DESEQILIBRO MENTAL

Sábado 18 Marzo / SALA REBULLÓN / Ás 22H / Anticipada:8€ Billeteira:10€

Entradas a venda na Cantina As Pedriñas na Cervexería Nós ( Rúa Venezuela ).

Despois de varios anos con algúns cambios na formación, Demencia Sonora segue mantendo a sua esencia punckrock .

Grupo do extrarradio vigués, con base en freixo, de onde naceu o grupo.

Actualmente tocan os seus temas mesturados con versións do punk estatal mais coñecido.

Directo enerxético e grande complicidade co público máis próximo.

Deseqilibro Mental actualmente veñen de estrear o seu novo traballo, o quinto da banda que leva por título «Irmáns» e que é unha homenaxe ao grupo mítico DRINKIN´TINTO, banda pioneira do Rock da Casalonga nos anos 90.

Veñen dende a Casalonga (Teo) e levan bourando coa súa persoal mistura de Rock, Metal e Rap en Galego dende 2002.

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*