Documental – “A Auga que trouxeron”

Producido por «TRESPES» e dirixido por Beatriz Vázquez Campaña

🎥 SINOPSE

O documental «A AUGA QUE TROUXERON» constrúe un relato sobre a realidade das traídas veciñais de auga en Galicia. Estes sistemas son resultado dun proceso histórico onde a veciñanza xogou un papel importante, pois en moitos casos foron os propios veciños quen as construíron, financiaron e xestionaron. Este modelo ofreceu un sistema de abastecemento autónomo adaptado ao contexto territorial do país caracterizado pola alta dispersión poboacional. Esta realidade permanece a día de hoxe mantendo unha xestión autónoma por parte da veciñanza. Ollamos cara o pasado para recoñecer o esforzo colectivo que significou levar a auga ás casas nunha Galicia rural sen servizos básicos garantidos. Analizamos o presente, cos seus retos e conflitos, e albiscamos o camiño a percorrer para unha realidade do común que xestiona un ben tan importante como é o da auga e que debe facer fronte a ameazas como o despoboamento rural ou a seca.

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*