

Doomnight é unha banda viguesa creada a mediados de 2019 polo guitarrista Diego Sánchez, a baixista Michelle Dopazo, o baterista Iago Vaamonde e a vocalista Laura Almón. O estilo musical é o Metal, aínda que, dentro deste, cada compoñente achega a súa influencia preferida, gótico, clásico ou progresivo. Contan con ampla experiencia en escenarios con distintas bandas da contorna musical vigués.
MetalXis é unha banda con orixe entre Vigo e Pontevedra que xorde no 2015 da necesidade de dara coñecer un novo estilo de música sen parangón nopanorama musical galego. Cunhas bases claramente metal e con influencias de distintos xéneros, trata de amosar a confluencia dos diferentes estilos polos que pasaron cada un dos seus membros, aportando a frescura e personalidade a través do seu repertorio. Adopta un son duro e contundente, sen deixar indiferente ao público, pois a fusión dos instrumentos propios do metal (batería, guitarras, baixo e teclado) con outros coma as gaitas e a zanfona, conse guen un son nada habitual no panorama musical actual.
Entradas a venda na Cantina As Pedriñas e na plataforma entradium.com
Link das entradas:
Dejar una contestacion