

Regresa á Rebullón o Ghallaecia Metalfest, o único festival de metal que reúne bandas da antiga Gallaecia!
Por segundo ano consecutivo, dous países, dous idiomas, unha soa paixón polo metal. Cun cartaz de luxo que inclúe a TALESIEN, LÓSTREGOS, Mano de Piedra e BLOODHUNTER representando a Galicia, e Music In Low Frequencies, Hunted Scriptum e Moonshade desde Portugal, este evento promete unha fusión única de culturas e sons.
Ven e únete a nós na Sala Rebullón, para gozar do mellor do metal, celebrar a nosa historia compartida e apoiar a escena underground que une a ambas as nacións.
Non perdas unha festa do metal como ningunha!
Dejar una contestacion