MÅI + ZELTIA IREVIRE

Sábado 11 Marzo / SALA REBULLÓN / Ás 22H / Anticipada:8€ Billeteira: 10€

Zeltia Irevire é un trío de música Folk Tribal, é un proxecto de música ligado ao pobo formado en 2019 en Santiago de Compostela. Comezando de maneira solista, o proxecto vai madurando progresivamente co formato trío: Zeltia Acuña (guitarra e voz), Migui Carballido (bodhran, percusións e coros) e Cibrán Seixo (violín e moog).

Tras anos de experiencia no underground galego, vai collendo forza noutros planos locais tocando en salas e pubs recoñecidos como: a Casa das Crechas, Bar O Diaño, a Fonte do Galo, a sala Aturuxo, o Náutico de San Vicente, a Mardi Grass, etc., e tamén no plano

institucional (Mulleres en acción: Violencia Zero, Homenaxe ás mulleres do Mar, Gala do Deporte 2021, Día da Economía Social Galega 2022, etc.) e tamén tocando en festivais de renome como o: Milloverde, Revenidas, Fisterra Blues, Festival Terraceo, Feito a Man,

EidosFest, as Festas de María Pita, Festas do Albariño, o WildFest, o GalegoteRock entre outros. Ademáis, colaboran activamente con diferentes asociacións culturais, ecoloxistas e feministas compartindo obxectivos éticos e morais por un futuro sostible coa nosa Terra e a nosa cultura.

Måi debuta na Sala Rebullón presentando o seu primeiro disco Nigredo

O 11 de marzo será o debut de Måi, unha nova proposta de Iseo Agilda, na que nos achega cancións propias, que proceden dunha dimensión máis íntima e trascendente do que ata agora nos dera a coñecer como membro de Sacha na Horta ou Blues do País. Presenta o primeiro disco Nigredo, que nace da vocación de servir de ritual de conexión e arraiago co máis esencial da vida.

Foi elaborado con mimo durante o ano pasado xunto a Tomás Ageitos, na creación e produción deste proxecto que fixo tamén seu. Neste son tan persoal deseñado para este ritual foi esencial o violoncello de Margarida Mariño, da que tamén poderemos gozar na banda. Para recrear este son con elementos tradicionais, indie experimental, atmósferas moi descriptivas, todo iso en simbiose cos ritmos urbanos e a electrónica, completarán a banda Migui Carballido na percusión, Icía Sanmartín nos coros e a pandeireta e Cris Asenjo no teclado.

Esta será un cita dobre, pois comparten o evento coa presentación do agardado disco de Zeltia Irevire, con quen sinten grande afinidade no espírito e temática das súas músicas. Ademais, comparten ao percusionista Migui Carballido, un nexo máis que une a estas dúas músicas, que haberán ser unha o 11 de marzo na Sala Rebullón das Pedriñas (Mos), cos seus discos recén saídos do forno debaixo do brazo. Música dende onde medran as raíces para celebrar o noso.

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*