Os Tres Pés + Boroa

Sábado 15 Abril / SALA REBULLÓN / Ás 19H / Anticipada:6€ Billeteira: 8€

Volta a Sala Rebullón o grupo folk Boroa coa presentación do seu ultimo traballo O Clasi Folk .

Os Tres Pés, que son O Leo, Roberto Sobrado e Xosé Constenla, toman todo ese caldo de cultivo para lanzar a súa homenaxe. Como agrupamento heterodoxo, cada un dende o seu xeito de entender a canción de autor, son banda e intérpretes empáticos. Presentan un traballo libre de ataduras, incluso da de contentar a ninguén, mais sincero e respectuoso co que para eles significou Suso Vaamonde: tradición coma cerne do progreso, ao estilo do republicanismo de Castelao e tamén, intervención sen lindes para a expresión cultural, ao estilo do Kropotkin máis comuneiro.

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*