Skanderani. Xoves 3 – 21h

Skanderani é un cuarteto con base na Estrada (Pontevedra), formado por Alex á batería e percusións, Carlos ó baixo, Denís no sampler e Ahmed na guitarra, sintes e gritos.

O grupo nace en 2022, pero ten a súa orixe nunha gravación de verán feita uns anos antes por Ahmed, baixo a influencia do Jazz Etiope, Fela Kuti, Jim Jarmusch, e Tom Waits, entre outros.

Esa grabación titulada “Bastard Jingles” estaba baseada nunhas estritas normas: manter sempre os mesmos ingredientes en todos os temas (mostras afro, baixo con distorsión, guitarra, teclado con fuzz e ritmos), usando escalas árabes, e riffs repetitivos sobre ritmos tribais.

En 2021 o selo madrileño Travesuras Sónicas decide publicar “Bastard Jingles” en vinilo e reclama un directo a Skanderani para presentar o traballo e Xuño de 2022. De este modo todo o son se reconstruíu en forma de banda, dando como resultado un set bailable e festivo, aberto ás improvisacións e mantendo o espírito de cómic propio da gravación.

Tras unha serie de concertos dende aquel debut, os Skanderanis recalarán finalmente nos Solpores do Rebullón o 3 de Agosto de 2023, dispostos a levar as enseñanzas de Mulatu Astatke, Dillinger e a Orquesta Panorama.

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*