

Nunha imaxinaria situación histórica, social e xeográfica, o magnate Ramiro Soutelo, alma mater do emporio “Soutelo Enterprise”, medra ó abeiro das amizades políticas e xudiciais, entre as que son moeda corrente as corruptelas e os cartos en negro para facer valer as súas ambiciosas ansias de poder económico e político, sen que tales actividades lles causen desacougos nin remorsos a ningún dos seus actores. As lapas da conciencia apáganse co mellor extintor coñecido: o diñeiro. Unha comedia aceda contada entre risas e prantos, na que nos preguntamos:
Que ten que ver Lionel Messi con Paquiño Cagarolas? Por que Anselmo ten uns gayumbos de Kevin Clain e Benito de Calvin Klain? Milucho, o alcalde de Buxo, será tal de matar todas as vacalouras do concello? Non lle sería máis práctico a don Damián voar no seu jet privado? Perderá o Boca Juniors ese partido contra o Paris Saint-Germain? Por que Carmiña non quere patacas con cherelos e Lela ten problemas sexuais co seu Rafa?
Dejar una contestacion