TEATRO – AS QUE LIMPAN

Compañía – A Panadería

Un cartel colga do manubrio da habitación. “Por favor, arranxe o cuarto”. Ao regreso da praia, as camas feitas, as toallas limpas e o baño impoluto. Son “as que limpan”, as invisibles que cargan ás súas costas un sistema turístico precarizador.

As que limpan fala da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por conseguir uns dereitos laborais e sociais xustos. Fronte a elas, a avaricia voraz dos propietarios das cadeas hostaleiras. Neste novo espectáculo as fundadoras da Panadaría formúlanse estas preguntas: É posible revalorizar este traballo e desligarlo do xénero? Existe un turismo sustentable? Quen limpa a casa da limpadora? Hai persoas que nunca limparon un váter e hai outras que limpan cincocentos ao mes.

As que limpan non fala só de traballadoras da limpeza, fala de mulleres e do solo mollado sobre o que camiñamos cada día.

Link da venda de entradas : https://vivetix.com/entradas-as-que-limpan-a-panadaria#/r96x0fZ7pxz

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*