TEATRO – «LARA HIERRO»

Xoves 6 de Outubro / SALA REBULLÓN / Ás 20:30H /Prezo Único: 10€

Lara Hierro é un espectáculo multidisciplinar protagonizado por tres mulleres da xeración milenial que representan as tres partes de alegoría que é Lara Hierro: Soma pon o movemento, Psique a voz e Pneuma a música para falar da fráxil situación do sector cultural e da crise emocional, social e medioambiental que estamos vivindo.

As tres figuras que compoñen a peza navegan entre o mundo cotiá e un plano de ensoño onde os seus corpos e discursos se encontran.

Lara Hierro é unha chamada ao recoñecemento dos sentimentos de frustración, parálise e esgotamento provocados pola pandemia e a precariedade inherente á nosa xeración.

Trátase dun espectáculo de carácter poliédrico dirixido a un público adulto onde as ferramentas a través das que falamos son a danza, a palabra, a música e a imaxe audiovisual.

FICHA ARTÍSTICA:

Direción e dramaturxia: Constance Hurlé

Asistente de direción: María Llanderas

Interpretación: Constance Hurlé

Coreógrafa e bailarina: Clara Ferrao

Intérprete musical: Esperanza Mara

Direción do espazo sonoro: Rui Grenha

Iluminación e escenografía: Violeta Martínez

Vestiario: La Canalla

Vídeo creación: Sol Álvarez

Colaboración: AGADIC, Lume do Carozo, Centro Veciñal e Cultural de Valladares, Concello de Rianxo

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*