Teatro – «RAGAZZO»

De Anxo Outomuro

RAGAZZO

Europa, verán do 2001. A cidade de Ragazzo vive a restricción de dereitos sociais máis grande que recorda o continente dende a Segunda Guerra Mundial: fronteiras pechadas, rexistros, detencións… 30 000 axentes recorren as rúas e protexen aos líderes do G8 na súa xuntanza.

Ragazzo pasa o verán na cidade, nun garaxe que okupou e acondiciounou como o seu fogar. Está de vacacións: ten tempo para ir a concertos, escribir, e incluso de namorarse… e por suposto, de participar no Fórum Social, soñando e provocando outro mundo posible. Pero o seu destino quedará marcado cando tome a decisión de quedarse na columna dos desobedientes.

Ragazzo é unha oda á xuventude e á liberdade, un grito á vida: unha reivindicación da memoria colectiva que os donos do mundo nunca escribirán para nós.

A historia de Carlo Giuliani, o mozo activista italiano asasinado pola policía nunha manifestación contra o cumio do G8 en Xénova no ano 2001, é a base argumental que atopou a compañía galega Barrosanta para a montaxe escénica de Ragazzo. Esta peza reivindicativa, protagonizada polo actor Anxo Outumuro. Ragazzo é unha oda á xuventude e á liberdade, un grito á vida, á dignificación das historias persoais e unha reivindicación da memoria colectiva», indican desde a compañía. O texto de Ragazzo foi galardoado con dous Premios da Crítica (revelación e espectáculo para xóvenes), co Premio da Crítica Serra d’Or e o Premio do Público no Festival Internacional Huesca.

FICHA TÉCNICA

Ragazzo: Anxo Outumuro

Texto: Lali Álvarez

Dirección: Xavier Castiñeira

Iluminación: Violeta Martínez

Escenografía: Desguaces Petelos

Vestiario: Acontravento

Entradas a venda na Cantina As Pedriñas!

Anticipada: 8€

Billeteira: 10€

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*