VERÁN NA REBULLÓN // CONCERTO PILLABAND’S Xoves 27 de Agosto // 21:00H

PillaBands nace de reprodución de “Animais de Rúa” e “Choran as Pedras” coa única e fantástica función de alegrar as vosas vidas. O proxecto PillaBánico bebe de diferentes ritmos do folclore mundial. Joropos, Cumbias, Rumba, Tango, Reagge, Balkan, Swing pasando polo filtro do folclore galego.

É un show con interacción co público cun alto nivel de enerxía, bo rolo, con carácter Neofolk, combinando a espontaneidade co saber estar e a xenialidade, todo isto mesturado con xamon e viño, letras con retrogusto e melodías que desbordan alegría; fan de Pillabands un grupo versátil para todos os públicos.

A súa traxectoria está en pleno crecemento, desde conceptos como Sweet Home Furancho ́ s, ate festivais como Millo Verde Festival Alternativo, SulfatoFEST e outros, pasando por galerías de arte, festas patronais e levando ritmo e bo rolo onde se precise.

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*