MÅI + ZELTIA IREVIRE

Sábado 11 Marzo / SALA REBULLÓN / Ás 22H / Anticipada:8€ Billeteira: 10€

Entradas a venda: Cantina As Pedriñas e na Cervexería Nós ( Rúa Venezuela )

Måi debuta na Sala Rebullón presentando o seu primeiro disco Nigredo

O 11 de marzo será o debut de Måi, unha nova proposta de Iseo Agilda, na que nos achega

cancións propias, que proceden dunha dimensión máis íntima e trascendente do que ata

agora nos dera a coñecer como membro de Sacha na Horta ou Blues do País. Presenta o

primeiro disco Nigredo, que nace da vocación de servir de ritual de conexión e arraiago co

máis esencial da vida. Foi elaborado con mimo durante o ano pasado xunto a Tomás

Ageitos, na creación e produción deste proxecto que fixo tamén seu. Neste son tan persoal

deseñado para este ritual foi esencial o violoncello de Margarida Mariño, da que tamén

poderemos gozar na banda. Para recrear este son con elementos tradicionais, indie

experimental, atmósferas moi descriptivas, todo iso en simbiose cos ritmos urbanos e a

electrónica, completarán a banda Migui Carballido na percusión, Icía Sanmartín nos coros e

a pandeireta e Cris Asenjo no teclado.

Esta será un cita dobre, pois comparten o evento coa presentación do agardado disco de

Zeltia Irevire, con quen sinten grande afinidade no espírito e temática das súas músicas.

Ademais, comparten ao percusionista Migui Carballido, un nexo máis que une a estas dúas

músicas, que haberán ser unha o 11 de marzo na Sala Rebullón das Pedriñas (Mos), cos

seus discos recén saídos do forno debaixo do brazo. Música dende onde medran as raíces

para celebrar o noso.