MOSCA – Venres 26 Maio ás 20h

Mosca é un xogo de nenos… e pódese converter nun pesadelo

A obra narra a historia de Pedro, de dez anos, que sofre acoso escolar, e ao longo de toda a peza vese reflectido nos ollos da súa nai, do seu pai e da súa profesora.

Mosca é aguriante e intensa, somérxese na vida do neno e do que este sinte, e como o seu entorno, ten temor e prexuízos e non sabe que facer ou como axudalo.

O acoso escolar é un dos problemas graves da nosa sociedade e Mosca é un proxecto que tenta mostralo e todas as súas caras, a impotencia de non saber que facer, a falta de información, o non detectalo á tempo, a ausencia, o amor, a compaixón, o acoso.

Idade recomendada: + de 12 anos – Duración: 60 minutos – Xénero: Drama

Mósca é unha producción de Ártika Cía. Dirección e autoría: Gustavo del Río. Elenco: Fernanda Barrio, Martín Máez e Rocío Salgado. Escenografía: Gustavo Brito. Deseño Iluminación: Javier Quintana. Técnico: Marcos Alonso