Sábado 15 Abril / SALA REBULLÓN / Ás 19H / Anticipada: 6€ Billeteira: 8€
Entradas á venda na Cantina As Pedriñas ou enviando un correo a reservasrebullon@gmail.com

Volta a Sala Rebullón o grupo folk Boroa coa presentación do seu ultimo traballo O Clasi Folk .
Os Tres Pés, que son O Leo, Roberto Sobrado e Xosé Constenla, toman todo ese caldo de cultivo para lanzar a súa homenaxe. Como agrupamento heterodoxo, cada un dende o seu xeito de entender a canción de autor, son banda e intérpretes empáticos. Presentan un traballo libre de ataduras, incluso da de contentar a ninguén, mais sincero e respectuoso co que para eles significou Suso Vaamonde: tradición coma cerne do progreso, ao estilo do republicanismo de Castelao e tamén, intervención sen lindes para a expresión cultural, ao estilo do Kropotkin máis comuneiro.
Ravaging Europe 2023
WARBRINGER + EVIL INVADERS + SCHIZOPHRENIA
Luns 17 Abril / SALA REBULLÓN / Ás 19H / Anticipada:20€ Billeteira: 24€
Entradas a la venta en: https://www.itp-promotions.com/entradas/entradas-warbringer-evil-invaders-schizophrenia-sala-rebullon-mos/

Debido ás cancelaciones masivas de xiras pola COVID 19, a gira de Evil Invaders suspendérase, nós queriamos quitarnos esa espiña e aproveitar esta visita da banda para 2023.
Os belgas presentarán no escenario toda a súa artillería pesada neste Ravaging Europe 2023, compartindo cabeza de cartel cos míticos thrashers estadounidenses Warbringer. Acompañados pola Schizophrenia band, co seu disco «Recollections Of The Insane», unha das sorpresas do panorama Death/Thrash europeo.
A cita, na Sala Rebullón de Mos (Pontevedra), o luns 17 de abril de 2023.
Apertura de portas: 19.00h
Dejar una contestacion