SALA REBULLÓN

Localización Caralluda

A Sala Rebullón localízase dentro do Centro Social, Cultural, e Deportivo, As Pedriñas, configurando así, un «Territorio Cultural» a escasos 10 min en coche do centro de Vigo. Espazo coñecido pola súa incrible sonoridade, deseño e sobre todo, coñecida polos seus concertos e espectáculos. Nun radio de 20km atopámonos cunha poboación de case 500.000 persoas de público potencial para tódolos nosos eventos. O territorio cultural As Pedriñas ofrece tamén un espazo cunha Cantina que ofrece un menú do día aparte dun servizo de restauración completo. O espazo conta cun amplo estacionamento para máis de 200 coches e unhas comunicacións inmellorables pasando por Tameiga a AP-9, A-55 e AG-57.

A CANTINA

A SALA

A Sala dispón de mais de 150m2 para un aforo de 300 persoas en espectáculos de pé e 220 persoas en espectáculos de butaca. Escenario de 60m2 de superficie con chan de pino oregón rastrelado, tintado a negro. Cámara negra completa en Terciopelo Scena, cor negro, ignífugo C-1, 360 gr/m2,

composta por:

-1 Telón de fondo, motorizado

-4 patas alemanas, apertura tipo store motorizado

-3 bambalinas

-2 patas italianas

-1 telón de boca motorizado de apertura americana

-1 bambalinón

-1 telón intermedio apertura guillotina motorizada

A estrutura de iluminación motorizada de truss cadrado de 40 cm de 8*5 metros (aprox.) con división intermedia, que conforman un total de tres pontes motorizadas de 8 metros, electrificadas e con control DMX, con 20A no pé do escenario e 16A nas do medio e fondo. Incorpora un accesorio tipo cantilever para voado de equipos de son.

6 PAR: Cameo LED RGB (CLPST64Q8W)

4 PC: Spotlight 1000W

1 Recorte: Source Four 750 W 36º

3 Recortes Exteriores: Source Four Zoom 750 W 25º/50º

Tamén contamos cun equipamento de video e proxección, con

1 pantalla eléctrica PC600-1BA/C, area de visión 570*427

1 proxector Canon XEED Full HD 1920*1200, 6000 ANSI lumens.