SAMAÍN NAS PEDRIÑAS

Os Residuos Atractivas + Zënzar

Os Residuos Atractivas composto por; Nacho Alvarez acordeón, percusión, voz e coros, Alvaro Lamas zanfona, percusión, voz e coros, Evaristo Alejos “Alex” gaita, baixo eléctrico. percusión, voz e coros , Maria Alvarez «Masha» gaita, arpa, percusión, voz e coros. Despois de anos de intensa meditación e ausencia de contratación, estan aquí de novo. Veñen de rematar a gravación do seu primeiro disco e devecen por tocalo en directo.

ZËNZAR banda con máis anos de actividade en Galiza facendo rock en galego, polo que son alcumados a miúdo como «os padriños do rock galego». O grupo formouse no outono de 1987 co nome de Mördor. O seu primeiro concerto foi no Nadal de 1988 no pub Non sei da Silva, sendo un sexteto. Mantiveron esa formación ata o ano 1991 cando saíron da banda o teclista Manuel Jesús e o guitarrista Luis. Destes primeiros anos destaca unha gravación en Meirama de 1990, a única que teñen como sexteto, e onde están as súas primeiras cancións e algunhas versións de bandas como Ilegales ou Nacha Pop.

A finais de 1992 gravaron a súa primeira maqueta, Contos e lendas de terra adentro, con cinco temas. En 1993 dúas das súas canción apareceron no disco recompilatorio Rock na Costa da Morte, xunto con outras cinco bandas. A mediados de 1993, tras coincidir en Malpica cunha banda cántabra que se chamaba igual, mudaron o nome para «Zënzar».[4]

En 1995 apareceu a súa segunda maqueta, Fascinados polo prohibido, oito cancións coas que definiron máis o son que os faría logo coñecidos. Nesa época realizaron concertos ao lado de bandas xa consolidadas no panorama do rock estatal, como Extremoduro, Platero y tú, Boikot, Manolo Kabezabolo ou Barón Rojo.