MONDRA – VENRES ÁS 20h

O futuro da música galega chega a Sala Rebullón. O próximo 17 de novembro ás 22:00h presentaranos o seu novo álbum “ARDĒN” co seu show “FOLÍA DAS ARDENTES”!
«Ardén é un novo lugar que creamos e está moi afastado de aquí, para facer un símil con moitas das problematicas coas que convivimos a nivel social, nivel cultural… É unha terra que fala da Galiza, pero está situada noutro lugar. Eu quero esa terra dos afectos, da sensualidade, do espertar afectivosexual, un lugar no que os ardentes poidamos desenvolvernos. E, a Folía das ardentes é como se chama o espectáculo, e é ese espazo libertario onde nos reunimos os ardentes, onde nos vemos e nos sentimos libres»
Forma parte desta explosión de música e arte comprando as túas entradas en vivetix!
https://vivetix.com/entradas-mondra-folia-das-ardentes…
DIABLO SWING ORCHESTRA – SÁBADO 18 ÁS 21h

Moitos nos tedes preguntado por eles e a espera chegou á súa fin! Temos o pracer de acoller a xira de Diablo Swing Orchestra na Sala Rebullón, o próximo sábado 18 de novembro!
Referentes pola súa creatividade no Avant-garde Metal internacional, Diablo Swing Orchestra mestura numerosos estilos, desde o Heavy a subxéneros do metal, música clásica e jazz.
Desafían os límites da orixinalidade e exploran todo un mundo de sensacións.
As entradas están á venda en ITP PROMOTIONS – ENTRADAS (link no perfil) por só 18 euros (+ g.x.) en anticipada, tamén na cantina do Centro Social As Pedriñas, ou por 23 euros na billeteira o día do evento.