VERÁN NA REBULLÓN // CONCERTO GHAVETA Xoves 20 de Agosto // 21:00H

Ghaveta presenta neste 2020 » A raíz do Pensamento» o novo de Beatriz Martínez (arpa), Diego Langarika (bouzouki e guitarra), Felipe Rodicio (violín) e Marta Martínez (voz, percusións y bouzouki). Un traballo moi persoal e coidado no que a música tradicional galega continua a ser a gran protagonista sempre engalanada, con profundas armonías e ritmos. Contén temas tradicionais mantendo a liña de Disque, mais como novidade amplían fronteiras cara Portugal, con dous novos temas Entrudo e Moleirinha. Contarán nesta ocasión con grandes colaboracións.