
Acolleremos o venres, 10 de novembro, un evento moi especial da man de Vérsame – Espazo Aberto
Se es un amante da poesía, un narrador de microrrelatos, un apaixoado das música ou simplemente un admirador da arte en todas as súas formas, convidámoste a unirte a nós neste evento único.
Para participar, só tedes que avisar ao inicio na propia sala.
MAGOSTO SALVAMONTES

O próximo 11 de novembro, celebramos o noso tradicional magosto con actividades infantís, moita música e castañada solidaria en beneficio dos “salvamontes” da plataforma “Auga é Vida” na súa defensa fronte ao GS360.
E polos 40 anos da Comunidade de Montes, homenaxearemos aos primeiros “salvamontes”, as directivas anteriores da entidade que abriron camiño á xestión responsable dos recursos naturais e á defensa do monte veciñal.
¿E ti? ¿Tamén queres ser un “salvamontes”? Comparte esta publicación para que todo o mundo poida gozar deste dia tan especial. Agardámoste o 11 de novembro!