A TEMPESTADE

Domingo 4 Decembro / SALA REBULLÓN / Ás 19H / Prezo Único: 5€

DE MÓNICA SUEIRO

SINOPSE
Próspera, antiga duquesa de Milán, planea vingarse do seu irmán
Antonio, quen conspirou para expulsala do ducado e ocupar o seu
lugar. Próspera e a súa filla Miranda son abandonadas nun bote vello
e chegan a unha illa na que viven durante doce anos. Próspera
aproveita para, cos seus coñecementos de maxia e coa axuda do
espírito Ariel, argallar unha vinganza que vai facer que a
embarcación na que viaxan o seu irmán Antonio, a raíña Adriana,
xunto coa súa irmá Sabina e o seu fillo Fernando, sexa sorprendida
por unha tormenta que vai facer que naufraguen na illa e propicie o
encontro entre Próspera e Antonio. Para executar o seu plan,
Próspera válese da axuda de Ariel a quen lle prometeu a liberdade a
cambio de colaborar no seu proxecto.
A traizón, a vinganza, a crueldade, as conspiracións, a ansia de
poder, son algúns dos temas da obra. Sen embargo, Shakespeare
deixaa unha porta aberta á esperanza, á reconciliación, ao perdón e
ao amor. Convidámosvos a soñar porque «Estamos feitas e feitos da
mesma materia que os soños e a nosa pequena vida péchase como
un soño«. E, non é o teatro unha ilusión que nos permite soñar?

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*